Páginas

OBRADOIROS POLO SAMAÍN I: PANTASMAS DE POLLOCK E CAIXAS DO MEDO



 Polo Samaín fixemos distintos obradoiros. As familias prepararon as cabazas. Tamén fixeron receitas de medo, por exemplo,dedos de bruxa.



Un dos obradoiros que fixemos foron sobre as "pantasmas de Pollock" con teas e coas técnicas utilizadas por este artista.
Visioanamos distintas obras feitas por Pollock e un vídeo onde falaba dos seus procesos de creación.











Outros obradoiros foron de contacontos, bailes, caixas de medo cheas de sorpresas...





AVANZA O GRAFITTI DA ARTISTA SARAH PORTELA HOMENAXE ÁS AVOAS DA PARROQUIA DE AGUIÑO, ÁS COSTUREIRAS E ÁS REDEIRAS, E POR EXTENSIÓN A TODAS AS MULLERES.




Pouco a pouco, o noso patio vai enchéndose de relatos visuais. A artista Sarah Portela está facendo unha intervención onde a perspectiva de xénero está presente e busca visibilizarse creando espellos vitais de igualdade de oportunidades.

A ARTE COMO INVESTIGACIÓN. DIA DAS BIBLIOTECAS NO CEIP HEROINAS DE SÁLVORA.

O 24 de Outubro celebramos o Día das bibliotecas, deseñando un autocolante e carteis cun fragmento dunha obra do artista Chema Madoz. Na nosa biblioteca podemos atopar distintos recursos relacionados co mundo artístico, convertíndose nun centro de investigación para as nosas creacións.
A lupa é un instrumento que nos acompaña a miúdo en infinidade de situacións de aprendizaxe, e obviamente tamén nos proxectos artísticos. A lupa permite dialogar coa materia, coa obra, co propio proceso... É moi intereseante adentrarnos nas entrañas dos obxectos estudados a través das lupas xogando cos distintos aumentos, coa luz..






OBRADOIRO CON RUTH MONTIEL, ARTISTA VISUAL NO CEIP HEROINAS DE SÁLVORA. ARTE COMO COMPROMISO E INVESTIGACIÓN.


Con Ruth Montiel compartimos espazos de diálogo, de reflexión, de búsqueda de novos significados en formas polisémicas da propia natureza...

















Esta semana tivemos a sorte de participar nun obradoiro coa artista visual RUTH MONTIEL ARIAS dentro dun proxecto de desenvolvemento creativo organizado polo Museo de Arte Contemporánea (MAC- A Coruña). Neste proxecto participan numeroso/as artistas como: Alvaro Negro, Celia Parra, Iria do Castelo, Mar Caldas, María Blanco, Antón Cabaleiro, Vanesa Castro, Vicente Blanco...
Para o Ceip Heroinas de Sálvora foi todo un luxo e unha honra poder coñecer a Ruth Montiel. É importante que o noso alumnado coñeza a artistas e se embarquen en distintos procesos de creación, nesta ocasión traballando con elementos naturais: pedras, paus, follas...convertíndose en Gardáns da Natureza, podendo falar da Arte como compromiso co espazo vital: físico e metafórico. Moitas grazas por todo Ruth! Grazas por falar co mundo a través de distintas linguaxes!

MAIS IMAXES DE AMBIENTES DE APRENDIZAXE, O ATELIER (ESPAZO DE ARTE) COMO PUNTO DE ENCONTRO CREATIVO CO "EU" E CO "NÓS"