Páginas

COÑECENDO O CEIP HEROÍNAS DE SÁLVORA XI: A NOSA HORTA.


Ademáis do xardín, estamos preparando unha horta no PROA. Xa temos prantado tomates e fresas. É un proxecto do máis interesante en contacto coa natureza: flora, fauna, ritmos naturais, ...














EmocionARTE III: Preparando o material e as actividades para a I Semana da Diversidade e da Orientación.
























 Con distintos materiais estivemos facendo distinas cariñas con sorrisos. Nos obradoiros da I Semana de Diversidade e Orientación faremos manualidades con códigos Qr que nos conducirán a estas cariñas para agasallar as persoas que desexemos con un sorriso.

COÑECENDO O CEIP HEROINAS DE SÁLVORA X: LITERATURA NOS CORREDORES COMO ESPAZOS DE CONVIVENCIA.


 Xa comentamos nalgunha ocasión que potenciamos que os nosos corredores sexan espazos de convivencia. A convivencia tamén se traballa a través da literatura, compartindo lecturas, impresións, observacións das ilustracións, palabras descoñecidas...Grazas as familias que donaron libros á escola, estamos enchendo os corredores de poemas, relatos, contos, revistas...Moitas grazas pola colaboración e por compartir esta aposta pedagóxica!








ARTE POSTAL E ENVIO DE CORRESPONDENCIA-AGASALLOS ENTRE AS ESCOLAS TRENZAS


 " Máis poesía" Mensaxe que sae dunha chimaneas poéticas cun poema de Ana Mª Fernández.




 Sobres-homenaxe AS COSTUREIRAS, para visibilizar o seu traballo
 Sobre-retratos, reinvindicando a importancia da arte na escola.


 Estos son os sobres nos que mandamos distintas obras plásticas e poemas. Utilizamos os sobres como soportes de obras de arte con mensaxes sobre distintos valores: igualdade entre home e mulleres, reinvindicacións para que haia máis poesía e arte na escola e na vida...Todos levan códigos QR cun enlace ao blogue de Trenzas para difundir o noso proxecto.



Ademais esta semana recibimos cartas de Lleida e Valencia con presentacións do alumnado de 6º que viaxarán a Barcelona finais de Maio. Dende Lleida nos chegou un paquete con moitas cousas sobre o San Jordi e sobre o seu proxecto da Idade Media. Todo está exposto na biblioteca do noso colexio.