Páginas

PREPARANDO A II FEIRA DA EDUCACIÓN DO CONCELLO DE RIBEIRA.



 A vindeira semana celebrarase a II Feira da Educación en Ribeira. Estamos seleccionando distintas obras que fixemos durante o curso para levar e preparando unhas tablillas con códigos QR con distintos materiais da escola, espazos web...e sobre o proxecto Trenzas.

INTERVENCIÓN ARTÍSTICA AGULLAS E FACES XV: ESCULTURA HOMENAXE ÁS HEROINAS DE SÁLVORA.








Este curso o noso colexio estrenou nome: Ceip Heroínas de Sálvora. Estas Heroínas forman parte da nosa historia e por iso estamos facendo unha serie de pezas artísticas para homenaxealas. En concreto esta representa as catro heroinas a través das cores do logo da escola. Nas súas cabezas puxemos teas e redes, xa que foron heroinas de mar e de terra. Ademáis esta escultura levará unha peza transparente como "sombreiro" simbolizando e facendo reflexionar sobre o "teito de cristal" relacionado co mundo laboral.

PREPARANDO A EXPOSICIÓN DE AGULLAS E FACES V: SOMBRAS DO ANONIMATO FORZADO.

Esta obra é unha homenaxe as mulleres redeiras e costureiras. Mulleres que moitas veces teñen a seu traballo secuestrado nas sombras do anonimato e da invisibilidade.







Este é outro espazo interactivo que pretende visibilizar o anomimato dos nomes e rostros o que foron e son forzadas moitas mulleres  na historia da huminadade. Historia da humanidade que debe ser escrita en igualdade de oportunidades. Son obras interactivas con plancas de encerado vileda para pode debuxar estos rostros de mulleres, planchas inmantadas para poder compoñer cariñas, obra con espellos, obra na que se poden escribir o nome de mulleres costureiras e redeiras que coñezamos, xogos para asomarse xogando coas formas de rede dos propios expositores...pretende ser un espazo cheo de dinamismo.

PREPARANDO A EXPOSICIÓN DE AGULLAS V: ESPAZO INTERACTIVO DE PELES.

Esta exposición ten espazos interactivos. Aqui podemos poñernos as chaquetas de "Peles" de Don Humberto e Carmen. Tamén podemos poñernos as peles-camisas de Kandisky, klee e Miró. Ao fondo colga un Parangolé inspirado en Pollock, con estas pezas faremos Performances.

PREPARANDO A EXPOSICIÓN DE AGULLAS E FACES IV: CABEZAS DE MULLERES INSPIRADAS NO CUBISMO DE PICASSO.












As cabezas de mulleres das esculturas cubistas xa están colocadas  na exposición. Como xa dixemos son cabezas con distintos planos-roles da muller na sociedade actual: muller-ama de casa, muller-profesional, muller-nai, muller xestora, muller taxista....

ESCULTURA DO PROXECTO TRENZAS NO NOSO XARDÍN.


Xa temos no xardín da escola (que moi pronto flocerá xa que prantamos moitos bulbos), xa temos colocada a escultura de paus e fios das cores do proxecto Trenzas que fixeron as familias nun obradoiro de Arte Textil.

OBRADOIRO DE TEATRO CON SARAH PORTELA EN EDUCACIÓN INFANTIL.












Esta semana o alumnado de Educación Infantil participou nun obradoiro de teatro coa artista Sarah Portela: fixeron xogos  de expresión corporais, de oralidade, de interacción con distintos elementos...Foron unhas sesións moi enriquecedoras e creativas para o desenvolvemento integral do noso alumnado.