Páginas

COÑECENDO O CEIP HEROÍNAS DE SÁLVORA VIII: OBRADOIROS DE PROCESOS COGNITIVOS BÁSICOS.

En Educación Infantil, todos os venres facemos obradoiros de Procesos Cognitivos Básicos. Nestes tamén están presentes os xogos artísticos.
Estas obras formarán parte das intervencións que estamos facendo sobre a conmemoración do Día da Muller Traballadora: Costureiras e Faces.
 



 



INTERVENCIÓN ARTÍSTICA COSTUREIRAS III: " CHOIVAS"

 Dentro da intervención de Costureiras faremos distintas pezas artísticas textís. Esta serán ventás de mulleres en días de choiva. Sobre estas caixas trenzaremos a choiva con distintos graos de intensidade, a choiva sempre presente apelidando e presentado a Galicia.







ROSALÍAS V: XOGOS LIM PARA COÑECER A VIDA E OBRA DE ROSALÍA DE CASTRO.

No blogue da nosa Biblioteca podemos atopar xogos para coñecer a obra de Rosalía de Castro, son libros Lim, algún montado por un grupo de traballo de profesorado do noso colexio.



EMOCIONARIO.

Os Equipos de dinamización do colexio: Equipo Tics, Equipo de Biblioteca e Equipo de Normalización galega, fan moitas actividades, materiais...que enriquecen o día a día da nosa escola. Un exemplo é a dixitalización e tradución deste Emocionario feito polo Equipo Tics.


Este Emocionario xunto con outros materiais e enlaces a páxinas de interese está recollidos nunha WIKI, (wiki tics de Aguiño) que temos no colexio para compartir espazos na rede.

OS NOSOS CADERNOS DE ARTISTAS.



  Ademáis dos espazos de creación colectiva tamén temos os nosos cadernos de artistas, onde cada neno e cada nena fan obras individuais, tomando como referencia dististos artistas, a partir de xogos artísticos, creacións libres...






ROSALÍAS IV: "EU SON ROSALÍA CANDO..."


Cada neno/a vai poñendo a súa etiqueta sobre o retrato de Rosalía, cunha frase que comeza dicindo "Eu son Rosalía cando..." e sumando ideas, sensacións, emocións que nos produce a súa obra...

EXPOSICIÓN DE "BALEIROS": XOGANDO COAS DISTINTAS OBRAS DE ARTE.

Como xa comentamos noutras ocasións cando montamos unha exposición buscamos que haia espazos expositivos, interactivos e reflexivos. Para nós é fundamental ofrecerlle ao noso alumnado a oportunidade de dialogar coas obras de arte a través da manipulación, da construcción...Nestes xogos artísticos están presentes todas as  nocións espaciais, temporais, adverbiais...
- Xogando coas esculturas "Portas Baleiras"





- Xogando coa obra "Botes Baleiros"

- Xogando coa obra "Caixas sen latexos"



- Xogando coas "Flores Baleiras"






-Xogando coas "Caixas cheas de Baleiros"







INTERVENCIÓN ARTÍSTICA: BALEIROS IX: "CAIXAS CHEAS DE BALEIROS"




" Caixas cheas de baleiros" Son dúas esculturas interactivas, onde se foron recollendo e depositando distintos envases (da neveira, do baño, dos estantes, do escritorio...) Á hora de visitar a exposición poderán remexer nas caixas, sacar os envases, facer composicións, construccións....observando e reflexionando sobre a lingua na que están etiquetados.