Páginas

OBRAS DE ARTE COLECTIVAS

Na vida, unha das cuestións máis difíciles é tomar decisión. Nos obradoiros de Procesos Cognitivos básicos, soemos facer xogos creativos onde teñen que resolver situación en parella, pequeno grupo...
Trenzas é un exemplo de proxecto común, un proxecto que aposta polo traballo en equipo.


 


 





POEMAS CORPORAIS, ESCULTURAS CON TEAS.

Xogar co corpo é un dos pilares fundamentais da Educación Infantil.  A miúdo xogamos a través de poemas corporais onde o alumnado se vai convertindo en esculturas, tamén interactúan con distintos obxectos: teas, pelotas, cordeis...


 

 


IMPORTANCIA DE OFRECERLLE REFERENTES ARTÍSTICOS I


 No Ceip Heroínas de Sálvora sempre intentamos  ofrecerlle a o noso alumnado referentes de distintos artistas para ilustrar os distintos temas que imos traballando: Yayoi Kusama no Samaín, Milo Lockett pola conmemoración do Día en contra da Violencia de Xénero, recopilacións de obras de arte sobre un eixo temático: sobre persoas anciáns para o Alzheimer, mulleres chorando, maternidades-paternidades na historia da arte, obras relacionas co entroido...



MÁIS ALÁ DO PAPEL: IMPORTANCIA DE XOGAR CON SOPORTES DE DISTINTOS TAMAÑOS, MATERIAIS, FORMAS...


Nas aulas non so pintamos sobre papel tamaño "folio". Nas aulas están presentes soportes de diversa natureza para que o alumnado poida xogar e experimentar con distintos materiais e descubrir a súa potencialidade e limitacións: cartóns, madeiras, materiais de refugallo, caixas, pvc, metacrilato...Tamén é importante ofrecerse gran cantidade de tamaños, materiais e instrumentos (pinceis de todos os tamaños, rodillos,...)



  



PROFESORADO DE TODA A COMARCA E PROFESORADO DA UNIVERSIDADE VISITAN AS EXPOSICIÓNS DO CEIP HEROINAS DE SÁLVORA




ACUARELAS E CORAZÓNS DE ROMERO BRITTO, ACUARELAS E MÁSCARAS DE MARUJA MALLO



Nos obradoiros rotatorios mixtos que facemos mensualmente utilizamos distintas técnicas, para pintar as máscaras de Maruja Mallo polo Entroido e os corazóns de Romero Britto pola Candeloria utilizamos acuarelas.


ESTRUCTURAS-ESCULTURAS TRENZADAS.



Partindo da escultura-estructura coa que inaguramos o proxecto Trenzas no Encontro do profesorado, agora estamos facendo que medre pouco a pouco.




Esta proposta foi feita nas sesións de Procesos Cognitivos Básicos.

1ºestivemos xogando e manipulando ás polas das árbores.


2º fixemos composicións grupais.


3º por parellas estivemos trenzando os paus, cas cores do proxecto Trenzas.


 




NUESTROS COMPAÑEROS DE PROYECTO

En el CEIP. Mare de Déu dels Xics, hemos hecho con nuestros alumnos un recorrido virtual por España y hemos ido conociendo a nuestros compañeros de proyecto, el CEIP. Heroínas de Sálvora y la ZER. Alt Segrià. 
Del primero, a parte de su ubicación, sus paisajes, etc. hemos conocido el origen de su nombre, estudiando el hundimiento del buque correo "Santa Isabel" y los tristes acontecimientos de aquel 2 de enero de 1921, y el papel que aquellas jóvenes heroínas tuvieron salvando vidas.
También nos hemos adentrado en la leyenda de la Sirena de Sálvora, Mariña y en las historias que de ella se cuentan.
Os mostramos algunos de los trabajos realizados y os animamos a buscar más información:


De la ZER, hemos buscado los pueblos que la integran y gracias a Internet nos hemos paseado por sus pequeñas y acogedoras calles. También hemos estudiado el modo de vida de sus habitantes y conocido la leyenda de San Jordi, de la que también hemos encontrado varias versiones. ¿Te animas a buscar tú?
Con este material, hemos iniciado un rincón de TRENZAS y cómo no, hemos ido trenzando también otros materiales...

ART I CARNESTOLTES A LA FONT

Ara és el torn del Carnestoltes.
Enguany el tema ha sigut: TRENZAS, escenaris artistics d'aprenentatge i començant per l'art i la pintura, hem tingut: pintors de broxa grossa, artistes com Frida Kahlo i Dalí, quadres de Miró, Sorolla i Seoane (un pintor de cadascuna de les Comunitats Autònomes que formem part del projecte),  eines de pintura en gran format; de música, hem tingut: pentagrames i músics, DJs, cantants com: Alaska i Mario, Camaron, Conchita Wurst, Demis Roussos, Janis Jopling i del món de la interpretació i el teatre: mimos, Charlots i Mary Poppins.
A més a més, contarem amb la col·laboració d'alumnes i membres de la Societat Musical "La Lira Fontiguerense", que amenitzarem la desfilada i per a finalitzar l'AMPA ens convidà a berenar. 
Ací teniu unes imatges.

CARNESTOLTES LA FONT 2015

    

I també un video de la desfilada



PINCEIS XIGANTES: ESCULTURAS SIMBÓLICAS


Como xa comentamos na entrada feita sobre o encontro do profesorado, no Ceip Heroínas de Sálvora fixemos unhas esculturas simbólicas para conmemorar varios feitos: O Día da Paz (Pinceis pola liberdade), o Día da Candeloria (Debuxa un corazón) , o Día da Ilustración (Aniversario de Castelao) e relacionadas coa propia esencia do proxecto Trenzas (Arte).
Como foron feitos?





1º Xogamos cos tubos de cartón, hipotetizando sobre segundas vidas que lle podíamos dar: telescopios, cohetes..
2º Pintamos e barnizámolos.




 

 


3º Puxémoslle as cerdas, xogando primeiro con elas.