Páginas

ENTROIDO ARTÍSTICO 2015 V: CARTEL E AUTOCOLANTE

O deseño do cartel e do autocolante está inspirado nas máscara de Maruja Mallo. Ademáis no cartel xogamos coa palabra "mimo" e os pilares fundamentais do noso Proxecto Educativo: Mimo a igualdade, Mimo a lingua... No corredor puxemos un panel de reflexión para que poidamos escribir aquelas cousas que mimamos na vida. Ti que mimas?




ENTROIDO ARTÍSTICO 2015 IV: COREOGRAFÍAS E ESCULTURAS CHEAS DE MIMO.

  PROFESORADO DO CEIP HEROÍNAS DE SÁLVORA
CON MÚSICA DE GAITA



COREOGRAFÍA DE MIMOS EN PARELLA.

ENTROIDO ARTÍSTICO 2015 III: MÁIS GRUPOS ESCULTÓRICOS DE MIMOS.

 1º PRIMARIA
2º PRIMARIA
3ºPRIMARIA



4º PRIMARIA
5ºA PRIMARIA
5ºB PRIMARIA
6º PRIMARIA

ENTROIDO ARTÍSTICO 2015 II: ESCENOGRAFÍA DO PHOTOCOLL INTERACTIVO II

1º Presentación do material.



2º Interactuando co material a través de exploración  libre e xogos.


3º Xogos corporais.








4º Preparando as caixas con xornais.

 

 


5º Elaborando os carteis con máscaras e fondos de acuarela.


ENTROIDO ARTÍSTICO 2015 I: GRUPOS ESCULTÓRICOS DE MIMOS

3 ANOS.

4 ANOS
5 ANOS A
5 ANOS B
Este ano a temática do Entroido foi de Mimos. Personaxes que consideramos que tiñan a esencia dos proxectos artísticos que estamos facendo na escola: teatro, escultura, música...Cada aula xogou nunha especie de Photocoll interactivo con distintos obxectos, creando composicións e esculturas colectivas inmortalizadas polos flashes pero que cobraban vida por todo o colexio e pola parroquia de Aguiño.

COÑECENDO O CEIP HEROINAS DE SÁLVORA VI: AULA DE EDUCACIÓN ARTÍSTICA

















No noso colexio temos un espazo onde facemos proxectos de Educación Artística: a nivel individual, en parellas, en grupos, en gran grupo... : xogamos,falamos, reflexionamos, xogamos,pintamos, lemos, expomos, xogamos decidimos, sentimos, observamos, xogamos,intuimos, manipulamos, expresamos, esculpimos, rasgamos, debatimos, cantamos, xogamos,experimentamos, probamos, xogamos, erramos, ... XOGAMOS!Multitude de accións que van dando forma e vida aos numerosos procesos artísticos que aquí se desenvolven. Neste espazo traballamos con un universo de materiais: cartóns,  metacrilatos, pvc,... sen ceñirnos a aqueles que soen estar pensados para as "escolas"Construimos, reconstruimos e formamos parte das construccións. En definitva, os nenos e as nenas enfréntanse a problemáticas que se podería atopar calquer/a artista. Sen lugar a dúbidas, o Proxecto Trenzas este curso está continuamente presente.

"A ARTE É UN XOGO" (M. Duchamp)

COÑECENDO O CEIP HEROINAS DE SÁLVORA V: O TÚNEL DO TEMPO




Cando facemos algún proxecto, algunha exposición... deseñamos carteis para darlle difusión entre a comunidade educativa. Cando o evento remata conservamos unha copia que pasa a formar parte do noso "túnel do tempo", un percorrido visual e cronolóxico de moitos anacos que forman parte da historia da nosa escola. Os carteis que deseñemos durante o proxecto Trenzas serán enviados ás escolas de Lleida e Valencia, xa que o consideramos material de difusión cultural-artística, tanto polo seu formato, como polos guiños que soen ter a distintos fragmentos de obras de arte.