Páginas

XARDÍNS ZEN I: ESPAZOS DE ARTE EN MOVEMENTO COA ARMONÍA DA REFLEXIÓN E DA RELAXACIÓN.


 Os espazos de reflexión e relaxación forman parte dos distintos procesos de aprendizaxe, é importante deternos no camiño e ir asentando dende a tranquilidade, todas as vivencias que imos sentido ao longo da nosa vida. Os xardíns zen danos esta oportuninade, de falar con nós mesmos/as, de crear conexións, de facer arte dende a armonía dos movementos das emocións. Os xardíns zen xa forman parte do espazo físico,artístico e metafórico do Ceip Heroinas de Sálvora. Podemos atopar xardíns zen en moitos puntos da escola para que toda a comunidade educativa teña a oportunidade de gozar coa sinxeleza e a enerxía dos elementos naturais.