Páginas

CAIXAS DE EMOCIÓNS, CAIXAS CHEAS DE VIDA E DIVERSIDADE.


 Nos obradoiros de mediación o alumnado de 6º de Primaria está formándose para ser mediadores/as a partir do 2º trimestre e por extensión, medrando como persoas responsables. Neste proceso formativo é moi importante falar das emocións que nos moven como persoas que vivimos nunha sociedade afortunadamente diversa.
Unda das dinámicas é preparar caixas con obxectos, imaxes, con contido  multimedia...que evoquen emocións persoais, porque cada persoa ten o seu propio mapa existencial. A empatía, o saber escoitar e respectar as diferenzas, atopar puntos coincidentes nun grupo de referencia, expresar a través de distintas linguaxes os nosos temores, as nosas ilusións, os nosos soños...é de vital importancia para medrar como persoas sensibles e resolver diferentes conflictos que vai presentando as bifucarcións da vida.