Páginas

JOAN DOMÈNECH VISITA O CEIP HEROINAS DE SÁLVORA.




Esta semana tivemos a oportunidade de coñecer e contar coa presenza no Ceip Heroínas de Sálvora de Joan Domènech. O proxecto Trenzas danos a oportunidade de seguir medrando como profesionais a través de distintas acción formativas que nos permitan dar resposta ás novas demandas sociais : visitas a outros colexios,  coñecer proxectos educativos de distintos lugares, …e este sábado Joan Domènech visitou a nosa escola en Aguiño e compartiu co noso claustro os seus coñecementos filosóficos e pedagóxicos. Joan Domènech traballa como mestre na escola de Barcelona Fructuos  Gelabert, escola que visitamos o curso pasado, tamén dentro do marco do proxecto Trenzas.
 Foi todo unha honra e un privilexio compartir conversas e reflexións cun profesional que leva décadas investigando e reflexionando dende a realidade das aulas , apostando por unha pedagoxía lenta. Moitas grazas Joan Domènech polo teu tempo e o polo teu compromiso social e pedagóxico !
O noso agasallo, como intercambio de culturas entre escolas a través da arte, foi unha escultura do artista local Jontxu Argibay. Esta escultura tamén foi levada aos encontros en Valencia para as escolas participantes no proxecto Trenzas.