Páginas

OBRADOIROS DE ART-STREET-GRAFITTI COA ARTISTA SARAH PORTELA II: XA ESTÁ REMATADO O GRAFITTI DAS HEROÍNAS DE SÁLVORA







Xa está rematado o graffiti do patio feito coa artista Sarah Portela. Son as catro Heroínas de Sálvora, que se convirten en catro sereas artistas.
Nas seguintes fotos do blogue A catro mans, podemos observar como o alumnado foi facendo bosquexos, aprendeu a pintar con plantillas, aprenderon trucos para facer volumes, sombras...
Grazas Sarah por encher o noso patio de cores e formas máxicas. Grazas por facerlle esta homenaxe as nosas Heroínas de Sálvora.