Páginas

OBRADOIRO DE ARTE CONTEMPORÁNEA COAS ARTISTAS ELIA NUÑEZ E LOLI REGUEIRA: FIBRA SENSITIVA


































Esta semana tivemos a oportunidade e a sorte de participar e sumerxirnos nuns obradoiros de Arte Contemporánea coas artistas Elia Núñez e Loli Regueira. A través de distintas propostas invitaron e seduciron os nosos cinco sentidos: con xogos de estimulación, de reflexión, de creacións...Crearon universos cheos de sons, de luces, de cores...de sensacións que son pasaportes á sensibilidade, a estética, á apertura dos poros das nosas capas de pel...ao sentir o latexo do inerte a través de palabras que formarán parte do noso glosario vital: improvisación, acomulación, interpretación, apropiacionismo.... Moitas grazas Elia e Loli por compartir as vosas experiencias, inquietudes...cóxegas artísticas con nós!