Páginas

I SEMANA DA DIVERSIDADE E A ORIENTACIÓN NO CEIP HEROINAS DE SÁLVORA (I): EmocionARTE. "O MONSTRUO DE CORES E AS EMOCIÓNS"




Para a próxima semana celebraremos a I Semana da Diversidade e a Orientación no Ceip Heroínas de Sálvora. A columna vertebral serán as emocións. Estas serán fusionadas con propostas artísticas nas que participarán toda a comunidade educativa (obras de arte, contacontos, panel de expertos/as, charlas, obradoiros...) O cartel, chapas e autocolantes está deseñado dende o Departamento de Orientación. As mans son de alumnado do colexio.


 Algunhas das propostas xa arrancaron como poden ser diversas dinámicas feitas a partir da lectura do libro do Monstruo de cores e as emocións.



 Cada neno e nena fixeron o seu propio monstruo, pintando con cores fusionadas con emocións.