Páginas

INTERVENCIÓN ARTÍSTICA "FACES" I





O 8 de Marzo celébrase o Día da Muller Traballadora. No colexio estamos facendo distintas intervencións artísticas sobre este tema. O autocolante e cartel que deseñamos recolle unha obra de Picasso, artista moi vinculado a Cataluña biograficamente. Polo tanto, un artista con ecos cataláns, como o proxecto Trenzas.
Este titúlase "Faces" para reflexionar sobre as múltiples caras, os múltiples roles da muller na sociedade actual: muller-profesional, muller-ama de casa, muller-nai, muller-xestora, muller-coidadora de persoas dependentes.... O cubismo ofrecenos a oportunidade de facer xogos de planos nas caras reflexionando sobre este tema a través da esculturas de cabezas de mulleres que estamos facendo.