Páginas

INTEVENCIÓN ARTÍSTICA: "BALEIROS III": "FLORES BALEIRAS"

 As flores poden ser moi fermosas, pero se están baleiras, se non teñen polen no seu interior, non poderán multiplicarse polos xardíns e as pradeiras. O mesmo pasa co galego. Se non o falamos non pode ser herdado nen gozado por ninguén.


 Para facer estas esculturas de "Flores Baleiras" primeiro xogamos coas caixas sen fondos. Despois foron pintadas.



 A suma de "Flores Baleiras" farán Xardíns Baleiros.

 




Tamén fixemos flores cheas de palabras en galego para que voen co seu polen...