Páginas

COÑECENDO O CEIP HEROINAS DE SÁLVORA V: O TÚNEL DO TEMPO




Cando facemos algún proxecto, algunha exposición... deseñamos carteis para darlle difusión entre a comunidade educativa. Cando o evento remata conservamos unha copia que pasa a formar parte do noso "túnel do tempo", un percorrido visual e cronolóxico de moitos anacos que forman parte da historia da nosa escola. Os carteis que deseñemos durante o proxecto Trenzas serán enviados ás escolas de Lleida e Valencia, xa que o consideramos material de difusión cultural-artística, tanto polo seu formato, como polos guiños que soen ter a distintos fragmentos de obras de arte.