Páginas

COÑECENDO O CEIP HEROINAS DE SÁLVORA II: A NOSA BIBLIOTECA










No noso colexio temos una biblioteca central, onde se realizan gran diversidade de actividades: clube de lectura, préstamos, exposicións, charlas, obradoiros, ...Nos recreos o alumnado de sexto son os/as encargados/as de facer os préstamos. Sen lugar a dúbidas, é un espazo moi importante de documentación e ilustración para o proxecto Trenzas.
Tamén temos bibliotecas de aula e libros nos corredores para gozar deles cando se desexe.
Na aula de Educación Artística estamos intentando facer unha biblioteca especializada en temas relacionados coa Arte.
O Equipo de Biblioteca, o Equipo de Tics e o Departamento de Orientación están facendo un banco de contos relacionados coas emocións e a Educación en Valores, tanto en soporte papel como dixital.
Todos os días temos unha franxa chamada "Hora de Ler" adicada a lecturas de distinta natureza: poesía, relatos,...son feitas na biblioteca, nas aulas e nos corredores.